Secretaría Uvigo - Revisión do efecto da acuicultura de mitílidos (Mollusca: familia Mytilidae) sobre a estructura dos poboamentos bentónicos.

Revisión do efecto da acuicultura de mitílidos (Mollusca: familia Mytilidae) sobre a estructura dos poboamentos bentónicos.

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Francisco Javier Rocha Valdes
Cotitoría: Pablo Sanchez Jerez
Tribunal Vogalía: Emilio Marañón Sainz
Secretaría: Nicolás Otero Martínez
Presidencia: Guillermo Francés Pedraz
ResumoCo paso dos anos, a acuicultura global non parou de expandirse, alcanzando unha produción récord. O cultivo de mexillóns é un tipo de acuicultura cuxa produción non parou de medrar, establecendo unha gran preocupación polo impacto que pode producir no medio ambiente. A alta produción acuícola do mexillón establece unha deposición valval no fondo, modificando a súa complexidade e establecendo cambios na abundancia e diversidade da fauna que o compón.
O obxectivo deste estudo é sintetizar toda a información dispoñible sobre a influencia do cultivo de mitílidos na estrutura do bentos en artigos publicados en revistas: estudos que recollen o índice de impacto que a acuicultura fai sobre a comunidade bentónica establecendo o tamaño do efecto que produce. Estes estudos presentaron unha gran diversidade de enfoques en relación co método de mostraxe, as variables biolóxicas empregadas e a súa posterior análise.
O impacto exercido polos sistemas de cultivo foi moderado, pero positivo, establecendo un aumento na abundancia de diferentes gupos e na riqueza de especies na área de cultivo. Ademais, obtívose que a comunidade bentónica asociada ó cultivo de mexillón ten menor diversidade e biomasa que nas zonas non cultivadas. Non obstante, non se atoparon diferenzas significativas entre os tratamentos, principalmente debido á variabilidade experimental entre estudos. Os aumentos máis significativos da abundancia producíronse en especies oportunistas como nematodos e poliquetos, así como en nemertinos, crustáceos e moluscos. Tamén se estableceu que o impacto en relación co tipo de sistema cultivo tamén é relevante, establecendo un maior efecto positivo nos sistemas de batea que nos sistemas de tipo long-line.

PALABRAS CLAVE

'Acuacultura', 'Mexillón', ' Estrutura bentónica' 'Diversidade' e 'Impacto'
Volver