Secretaría Uvigo - Primeiras consecuencias do CoVid-19 no Turismo: o caso de España

Primeiras consecuencias do CoVid-19 no Turismo: o caso de España

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Turismo
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Nemesio Pereira Lorenzo
Tribunal Titoría: Nemesio Pereira Lorenzo
ResumoO 31 de decembro de 2019, chega un informe á oficina da OMS en China, cos que parecen ser casos dunha nova cepa de virus. Noméase como CoVid-19, porque pertence á familia dos coronavirus. 6 meses despois, aínda se descoñece unha vacina eficaz e confirmouse a súa propagación en máis de 200 países, con máis de 10 millóns de casos confirmados e máis de 500.000 mortes pola enfermidade en todo o mundo. Segundo o Banco Mundial, esta é a peor recesión dende a década de 1930, co 'Crac do 29' e máis tarde ca 'Gran Depresión' seguida da II Guerra Mundial. Para o sector turístico é, simplemente, a peor crise dende que comezaron os rexistros. No medio desta situación, en España declárase a primeira Alarma Estatal por mor dunha crise sanitaria. O sistema de saúde colapsa por veces. A economía pecha, agás a esencial. Aplícanse medidas sen precedentes na democracia española, con períodos de confinamento obrigatorios e severas restricións á mobilidade. En definitiva, unha situación insólita no mundo contemporáneo.
Neste artigo examinaremos o contexto previo, o desenvolvemento da pandemia en todo o mundo, analizando máis de cerca o caso de España e como se enfrontou o turismo e se posicionou para reverter a súa peor crise.
Volver