Secretaría Uvigo - O mercado da auditoría de contas en España: evolución e situación actual.

O mercado da auditoría de contas en España: evolución e situación actual.

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: María Mercedes Mareque Álvarez-Santullano
Tribunal Titoría: María Mercedes Mareque Álvarez-Santullano
ResumoEste traballo mostra unha visión do mercado de auditoría de contas en España no período 2014-2019, a través da aplicación dun proceso de reformas ó que foi sometido nos últimos anos. O que se propón é, por unha banda, analizar a evolución dunha serie de variables relacionadas co exercicio desta actividade e así explicar a situación actual e as perspectivas de futuro. Para levar a cabo este traballo, utilizouse a información que o Instituto de Contabilidade e Auditoría (ICAC) publica anualmente no seu Boletín Oficial do Instituto de Contabilidade e Auditoría (BOICAC) con certa información sobre o mercado de auditoría de contas nos últimos 6 anos (2014-2019). Os resultados obtidos confirman unha boa evolución do sector, a pesar das dificultades vividas hai anos, aínda que hai incerteza sobre o futuro do sector de auditoría. Por outra banda, plantéase a importancia que a auditoría ten para o desenvolvemento económico, polo que calquera deterioro que poida sufrir a imaxe ou a actividade dos profesionais da auditoría representa un problema para o sector e, en consecuencia, para a economía española.
Volver