Secretaría Uvigo - Márketing dixital e web 3.0. Tendencias e predicións tras a pandemia

Márketing dixital e web 3.0. Tendencias e predicións tras a pandemia

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Tribunal Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
ResumoRESUMO

Como consecuencia da pandemia, a sociedade moderna está a vivir uns profundos cambios que deixan patente a importancia que ten Internet. A utilización do medio dixital para a contorna empresarial é crucial. Por este motivo, adoptar estratexias de márketing dixital acordes á situación é de suma importancia.

É por iso que, neste traballo realízase unha análise de que é o márketing dixital, cal foi a súa evolución no tempo e cales son as tecnoloxías que máis caracterizan a web 3.0, e, polo tanto, o devir do márketing dixital. Ademais, examínanse as ferramentas máis utilizadas en materia de márketing dixital, analizando as diferentes técnicas e recursos dispoñibles á hora de implementar actuacións na rede.

Posteriormente, repásase a evolución do márketing mix por mor da introdución do medio dixital no contexto empresarial. Tamén, xustifícase o porqué do márketing en liña analizando as diferentes vantaxes que ofrece a presenza na rede.

Finalmente, estúdanse as diferentes tendencias e predicións que se auguran actualmente para o sector dixital.

PALABRAS CHAVE

Información, Internet, márketing, márketing dixital, publicidade, web.
Volver