Secretaría Uvigo - O efecto do lume na actividade e biodiversidade microbiana do solo

O efecto do lume na actividade e biodiversidade microbiana do solo

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Maria Gomez Brandon
Tribunal Vogalía: Manuel Megías Pacheco
Secretaría: María Luísa Castro Cerceda
Presidencia: Emilio Gil Martín
ResumoOs incendios son unha das grandes ameazas para a conservación e a biodiversidade dos ecosistemas, afectando á saúde do solo e aos organismos que o habitan. A microbiota edáfica xoga un papel fundamental na recuperación dos solos quemados e a súa relación coas propiedades físico-químicas do solo resulta fundamental para compender o funcionamento do ecosistema e a súa resposta ante una posíbel perturbación por lume. É por iso que nesta memoria abordaranse diversas metodoloxías para o estudo do impacto do lume na biomasa e actividade microbiana, así como na súa composición e biodiversidade. Resúmense os pros e cons de cada método e se comparan os achados obtidos en diversas investigacións. Ao final da memoria tamén se expón posíbels alternativas para a recuperación dos solos afectados por incendios.

Palabras clave: lume, solo, microbiota edáfica, biomasa e actividade microbiana, recuperación post-incendio
Volver