Secretaría Uvigo - Validación experimental dun medio de micropropagación para Actinidia arguta cv. Issai deseñado mediante machine learning

Validación experimental dun medio de micropropagación para Actinidia arguta cv. Issai deseñado mediante machine learning

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: M. Esther Barreal Modroño
Cotitoría: Tomás Ariel Arteta Arteta
Tribunal Vogalía: Manuel Megías Pacheco
Secretaría: María Luísa Castro Cerceda
Presidencia: Emilio Gil Martín
ResumoActinidia arguta é unha das especies de kiwi con maior potencial comercial debido ás súas características nutricionais e organolépticas, e á resistencia ás baixas temperaturas. Esta última característica proporciona maior resistencia a enfermidades, motivo polo que se usa como portainxerto para outras Actinidia spp. Actualmente, non existen medios de cultivo in vitro específicos para esta especie. Así, mediante ferramentas de intelixencia artificial, diseñouse un medio específico mediante machine learning, sendo o obxectivo deste traballo a súa validación experimental no laboratorio. Para esto, cultiváronse explantos de A. arguta en 6 medios de cultivo distintos: 2 medios basais (MS y B5), 3 medios específicos para Actinidia chinensis var. deliciosa (Ch, Ha y St) e o medio experimental (Rd). Os datos obtidos de número de brotes, lonxitude do brote, número de follas grandes, área foliar, contido relativo en clorofila, saúde do brote, saúde do callo e hiperhidricidade, foron analizados mediante CHAID. Os resultados mostraron que todas as plantas sufriron un proceso de habituación, causando unha disminución na capacidade morfoxenética das mismas, independentemente do medio estudado. Por último, o medio deseñado producíu os peores resultados, polo que debe ser reformulado.

Palabras clave: Actinidia arguta, micropropagación, medio de cultivo, machine learning, intelixencia artificial.
Volver