Secretaría Uvigo - Caracterización físico-química e microbiolóxica de solos urbanos da cidade de Santiago de Compostela

Caracterización físico-química e microbiolóxica de solos urbanos da cidade de Santiago de Compostela

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Maria Gomez Brandon
Tribunal Presidencia: María Paloma Morán Martínez
Secretaría: Castor Muñoz Sobrino
Vogalía: María Fuencisla Mariño Callejo
ResumoA biodiversidade e conservación do solo é esencial debido ás múltiples funcións das que se encarga, como o sostén da produtividade vexetal e animal ou das infraestruturas, e o mantemento do benestar humano ao tratarse da base do sistema alimentario. En concreto, o mantemento do solo urbano é fundamental, xa que as cidades albergan aproximadamente ao 54% da poboación mundial. O obxectivo deste traballo fin de grao é caracterizar os solos urbanos da cidade de Santiago de Compostela dende unha perspectiva físico-química e microbiolóxica, seleccionando zonas verdes da cidade que difiren na súa litoloxía e uso do solo. Para iso determinouse a textura e o contido de nutrientes dos solos, así como a súa biomasa e actividade microbiana, e unha serie de actividades enzimáticas implicadas nos ciclos do carbono, nitróxeno, fósforo e xofre. Exponse como hipótese de traballo que a litoloxía e, sobre todo, o uso do solo influirán se maneira significativa sobre as propiedades físico-químicas e microbiolóxicas do solo, o cal se cumpre en maior ou menor medida en función do parámetro estudado.

Palabras chave: Santiago de Compostela, solos urbanos, litoloxía, actividade enzimática, biomasa microbiana.
Volver