Secretaría Uvigo - Estudo de parámetros biolóxicos como indicadores da calidade da auga en estudos medioambientais.

Estudo de parámetros biolóxicos como indicadores da calidade da auga en estudos medioambientais.

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Benedicto Soto González
Tribunal Presidencia: María Paloma Morán Martínez
Secretaría: Castor Muñoz Sobrino
Vogalía: María Fuencisla Mariño Callejo
ResumoEste traballo estuda o estado ecolóxico de sete afluentes (Barxas, Deva, Mouro, Tea, Manco, Louro e Furnia) da subconca internacional do río Miño, durante o verán e o outono de 2018. O estudo realizouse mediante a aplicación de macroinvertebrados bentónicos como bioindicadores, seguindo a Directiva marco da auga (DMA). Para iso identificáronse un total de 10.750 exemplares pertencentes a 84 taxóns diferentes. Con estes datos calculáronse os índices biolóxicos IBMWP e IASPT. Os resultados obtidos reflicten un bo estado ecolóxico xeral en todos os ríos, especialmente nos afluentes do tramo superior (Barxas, Deva e Mouro). O río con peor calidade foi o Louro. Podíase apreciar a variabilidade estacional na estrutura das poboacións, non seguian un patrón común, o que suxire que está influída polas condicións locais e os taxóns que as compoñen.
Volver