Secretaría Uvigo - As Escolas de Ensino Galego Semente: ?a geraçom das mil primaveras mais?

As Escolas de Ensino Galego Semente: ?a geraçom das mil primaveras mais?

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria
CentroEscola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Dirección Titoría: MONTSERRAT RÚA FERNÁNDEZ
Tribunal Vogalía: Alberto Santos Hermo
Secretaría: Xoana Reguera López de la Osa
Presidencia: José Roberto Soto Fernández
ResumoDurante anos o galego estivo excluído da educación e de moitos outros ámbitos da so-ciedade e, a pesar dos moitos avances que se foron dando, nunca foi suficiente e, nas últimas décadas, volve estar máis en perigo ca nunca. É así, que moitas organizacións e asociacións a prol da normalización lingüística e da súa redignificación e conservación, denuncian as leis que leva a cabo a Administración galega. Deste xeito, sen esperar a que o sistema educativo cambie por si só, nacen proxectos educativos alternativos que, neste caso, recollen as loitas históricas do galeguismo histórico. É o caso das Escolas de Ensino Galego Semente, que xorden a raíz desa necesidade dun grupo de persoas e familias que non queren ver como as nenas e nenos galegofalantes perden a súa lingua. Estas teñen como referentes esas escolas promovidas polas Irmandades da Fala da Coruña de 1924 e outros moitos proxectos populares e autoxestionados que intentaron dar solución a isto e pedagoxías críticas e liberadoras que poñen os coidados no centro e transformar así, en colectivo, a sociedade.

Autoxestionado, Galeguismo, Leis educativas, Lingua galega, Proxecto Educativo Se-mente.
Volver