Secretaría Uvigo - Deseño dunha planta de aproveitamento de subproductos do sector agroalimentario para a producción de suplementos alimenticios mediante Rhodotorula sp

Deseño dunha planta de aproveitamento de subproductos do sector agroalimentario para a producción de suplementos alimenticios mediante Rhodotorula sp

Data de defensa19/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Cotitoría: María Ángeles Sanroman Braga
Titoría: Marta María Pazos Currás
Tribunal Presidencia: Raúl Iglesias Blanco
Vogalía: Diana Valverde Pérez
Secretaría: Rosana Simón Vázquez
ResumoO crecemento do mercado de pigmentos para o uso alimentario, bebidas ou cosmética require de novas estratexias de produción que non sexan nocivas para o medioambiente e que permita obter produtos por vía biotecnolóxica, como alternativa aos proceso químicos de menor aceptación polo consumidor.

Neste traballo vai deseñar unha planta de produción de carotenoides, pigmentos naturais, a partir do microorganismo Rhodotorula sp. mediante a valorización de residuos da industria agroalimentaria, en concreto, da industria hortofrutícula. Esta industria é un sector que xera unha elevada porcentaxe de residuos a nivel mundial, principalmente na produción de zumes ou bebidas refrescantes a partir de froitas, xerando residuos como casca, pulpa e sementes, que son refugadas, e que nalgúns casos, como a casca da laranxa non se pode utilizar como compostaxe debida á súa pH acedo que pode causar problemas na terra acificándola e afectando a cultivos. Por outra banda, estes residuos tamén se caracterizan por conter unha alta carga orgánica polo que a súa deposito no medioambiente xera un problema ambiental que require de procesos de tratamentos complementarios. É por iso, que hoxe en día se están realizando numerosas investigacións neste campo buscando alternativas que permitan obter a partir deles produtos de alto valor engadido. Entre os produtos de alto valor engadido que se pode obter destacan os pigmentos naturais utilizados como aditivo ou colorante na elaboración de queixo, manteiga, doces e xeados, entre outros.

No presente TFM, avaliarase a posibilidade de obter pigmentos naturais mediante un proceso biotecnolóxico utilizando o fungo Rhodotorula sp. e realizarase o deseño dunha planta a nivel industrial analizando os custos do proceso e a rendibilidade do proceso produtivo e o seu impacto ambiental.
Volver