Secretaría Uvigo - Algoritmos de detección de anomalías e as súas aplicacións no ámbito marítimo

Algoritmos de detección de anomalías e as súas aplicacións no ámbito marítimo

Data de defensa28/01/2021
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Norberto Fernández García
Tribunal Secretaría: Alfonso Rodríguez Molares
Vogalía: Carlos Zamorano Pinal
Presidencia: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
ResumoNos últimos anos unha das principais tecnoloxías que se desenvolveu exponencialmente posibilitado a trasformación dixital do mundo é a Intelixencia Artificial, a cal ten unha das súas principais aplicacións na detección de anomalías.

A detección de anomalías presenta a utilidade de alertar de comportamentos que se saen do normal e que poden presentar un problema, no caso concreto do eido marítimo preténdese con iso detectar os comportamentos ilícitos e as situacións de risco das embarcacións.

Este traballo fai unha extensa análise do estado da arte da detección de anomalías no tráfico marítimo, comparando e clasificando un importante número de estudos relevantes.

Valóranse tódolos aspectos concernentes a un sistema deste tipo:

As fontes de información que se poden utilizar de entrada ao algoritmo, as que se analizan detalladamente e das que o sistema de comunicacións AIS é a máis salientable.

Estúdanse moitas das diferentes metodoloxías que se poden aplicar no algoritmo de detección de anomalías.

A presentación dos resultados, pois é importante facilitar a interpretación das alertas que se obteñan.

A partir de todos eles sinálanse as principais características e múltiples posibles dificultades ás que se terán que enfrontar os deseñadores dos sistemas de detección de anomalías no eido marítimo. Co fin de que as coñezan desde o principio, capacitándolles para tomar tódalas decisións que sexan convenientes no deseño dunha boa solución a este problema.
Volver