Secretaría Uvigo - Aproximación á Topoloxía da Rede de Telecomunicacións Terrestres da I3D do Ministerio de Defensa

Aproximación á Topoloxía da Rede de Telecomunicacións Terrestres da I3D do Ministerio de Defensa

Data de defensa28/01/2021
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Milagros Fernández Gavilanes
Tribunal Secretaría: José María Núñez Ortuño
Vogalía: Miguel Ángel Manuel Merino Gil
Presidencia: Miguel Rodelgo Lacruz
ResumoCon este traballo preténdese facer un primeiro achegamento á Topoloxía da Rede de Telecomunicacións Terrestres da Infraestrutura de Información Integral para a Defensa (I3D), partindo da infraestrutura existente.
Os datos deste traballo non son reais por motivos de seguridade, xa que non se pretende definir exactamente a rede, senón a posibilidade de empregar o algoritmo proposto e os seus beneficios.
Os requisitos nos que se pedirá que se centre a rede son os seguintes parámetros:
? Capacidade de saída de cada nodo.
? Redundancia de ligazóns.
? Estrita preferencia dalgúns tipos de ligazóns sobre outros.
O problema é definir as ligazóns necesarias entre os nodos e as súas capacidades que satisfagan os requisitos prantexados.
Estudando diversos enfoques dende a teoría dos grafos, dadas as estritas preferencias dalgúns enlaces sobre outros, decídese aplicar o algoritmo de Prim adaptado ao problema, calculando posteriormente as capacidades necesarias de cada enlace.
Para garantir a supervivencia en caso de fallo da ligazón, simúlase un por un, volvendo aplicar o algoritmo completo para atopar unha nova solución.
Finalmente, comprobouse que o algoritmo proposto é válido para ser empregado con datos reais, identificando posibles estrangulamentos na rede, definindo os enlaces necesarios e as súas capacidades, para cumprir os requisitos.
Palabras claves: Topoloxía da rede de telecomunicacións terrestres I3D, requisitos, estrita preferencia, teoría de grafos, algoritmo de Prim.
Volver