Secretaría Uvigo - Interoperabilidade entre os diferentes sistemas europeos no ámbito da xustiza e os asuntos de interior

Interoperabilidade entre os diferentes sistemas europeos no ámbito da xustiza e os asuntos de interior

Data de defensa27/01/2021
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Paula Gómez Pérez
Tribunal Presidencia: Luis Modesto Álvarez Sabucedo
Vogalía: Francisco Javier Rodríguez Martínez
Secretaría: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
ResumoO TFM tenta reflectir como se está abordando a interoperabilidade entre os diferentes sistemas de información da UE, explicando o punto de partida cos sistemas existentes, os motivos para un avance cara a unha integración da información na maior parte dos sistemas e os condicionantes legais a cumprir.
Ademais dos sistemas existentes, identificáronse novos sistemas que foron concibidos para cubrir os gaps nos sistemas actuais, que están en fase de creación e os gaps e problemas que quedan sen resolver respectando en todo momento os requisitos de protección de datos e dereitos fundamentais.
Contémplanse os sistemas para afrontar os retos de seguridade e migratorios que son moi complexos e están interconectados para: levar unha xestión eficaz das fronteiras como parte integrante da arquitectura de seguridade da UE, facer fronte á inmigración ilegal, o terrorismo e a delincuencia e apoiar a seguridade interior. Para iso, necesítase que os sistemas da UE estean debidamente alimentados e sexan utilizados polas autoridades nacionais competentes de maneira intensiva, tendendo en cuenta que calidade da información que se comparte é tan importante como a cantidade.
No relativo ao consumo da información, a interoperabilidade tratada neste traballo fai referencia principalmente a unha interface de procura única ( European Search Portal, ESP) e á consulta automatizada dun sistema por outro sistema. Unha interface de procura única é o maior avance para os usuarios dos diferentes sistemas.
Palabras clave Interoperabilidade, Sistemas Existentes, Normativa, Gap, Novos sistemas
Volver