Secretaría Uvigo - Análise estrutural do edificio de Fundición da escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Análise estrutural do edificio de Fundición da escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Carlos Caamaño Martínez
Tribunal Secretaría: Manuel Cabaleiro Núñez
Vogalía: Antonio Riveiro Rodríguez
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoNo presente Traballo de Fin de Grao realizado un estudo estrutural en detalle dun edificio docente; a escola de Fundición da Universidade de Vigo, situado en As Lagoas-Marcosende.
Soamente é posible acceder a unha documentación incompleta da edificación estudada, polo que para realizar o seguinte estudo tivéronse que tomar as medidas axeitadas e accesibles dentro da estrutura para o seu cálculo, así como recorrer a diferentes suposicións baseadas na época na que foi construída, materiais, uso..., para deste xeito obter o coñecemento do funcionamento daa estrutura e calquera detalle que incumba a dito propósito.
A estrutura é porticada, formada por pilares, vigas e forxados de formigón armado, e tabicaría de ladrillo tanto nas fachadas como nos tabiques interiores. O edificio, de catro andares, atópase nun terreo inclinado. Consta de dous sotos, un baixo e un primeiro andar. Existe unha nave intercomunicada co centro na que se sitúa unha ponte grúa.
Volver