Secretaría Uvigo - Deseño dunha maqueta de control para un cooler dun vehículo industrial.

Deseño dunha maqueta de control para un cooler dun vehículo industrial.

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: María Inmaculada Fenollera Bolíbar
Secretaría: José Ángel López Campos
ResumoNo proxecto proposto dimensionaranse as instalacións de climatización, ventilación e captación de enerxía solar térmica para un edificio de tres plantas, de nova construción destinado a xeriatría baseándonos nas esixencias da normativa española (CTE e RITE) calcularanse as necesidades para un edificio dado sobre plano.
Ademais do deseño xa mencionado, simularase mediante o programa de cálculo de instalacións pertinente, as diferentes instalacións.
As instalacións de climatización (calefacción e refrixeración) estarán compostas por un sistema de radiadores conectados a unha caldeira de biomasa. A instalación de refrixeración consistirá nun sistema de splits regulables individualmente co obxectivo de manter a temperatura ao gusto dos usuarios do centro
Na parte de ventilación se dimensionaranse os diferentes equipos e condutos para manter unha atmosfera óptima dentro do edificio, así como o cumprimento dos requisitos marcados pola normativa anteriormente citada.
Por último, atacarase o dimensionamento da instalación de captación de enerxía solar térmica para a obtención de auga quente sanitaria e cumprindo coa normativa española, a cal marca estas instalacións como obrigatorias en edificios de nova construción
Unha vez concluída a parte de deseño procederase á simulación de todas as instalacións anteriores durante o seu funcionamento mediante o programa de simulación CYPE.
Para finalizar xeraranse uns planos e un orzamento para a construción das instalacións a estudo.
Volver