Secretaría Uvigo - Deseño e fabricación de enrutador CNC de baixo presuposto

Deseño e fabricación de enrutador CNC de baixo presuposto

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: María Inmaculada Fenollera Bolíbar
Secretaría: José Ángel López Campos
ResumoCada vez son máis comúns os pequenos talleres privados de usuarios que queiran levar a cabo os seus proxectos persoais. Isto pódese ver no auxe das plataformas de proxectos DIY (Do It Yourself) e na popularidade das impresoras 3D ou outras máquinas de fabricación dun tamaño moito menor en comparación coas máquinas industriais.
Neste proxecto levase a cabo o estudo do proceso paso a paso do deseño e construción dun enrutador CNC de 3 eixes de tamaño doméstico usando unha dremel como ferramenta de eliminación do material e cun Arduino UNO R3 como sistema de control.
Presentaranse tanto o proceso de montaxe da estrutura da máquina como a elección de cada compoñente que compón a electrónica e mostraranse os pasos necesarios para coordinar os compoñentes mediante o sistema de control e o software escollidos.
Esta máquina está deseñada para usuarios que queiran iniciarse no mundo do mecanizado CNC e aprender os conceptos básicos sen necesidade de investir un gran orzamento.
Volver