Secretaría Uvigo - Obtención e uso da enerxía eléctrica nunha aeronave

Obtención e uso da enerxía eléctrica nunha aeronave

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Donsión
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
Secretaría: Alfonso Lago Ferreiro
Resumo Neste traballo faise unha anáise dos distintos fenómenos que teñen lugar nunha aeronave, dende como é capaz de manterse no aire a como se xera e utiliza electricidade para facer funcionar todos os dispositivos dando seguridade ó voo. Moitos fenómenos destes foron obxecto de estudo nas diferentes materias deste Grado en Enxeñería en Electrónica e Automática.
Pártese dende o principio, de como un avión é capaz de manterse no ceo a través da circulación do aire sobre as súas ás, do funcionamento dos motores para xerar o impulso necesario para o movemento e como a través dos mesmos se obtén a corrente que é almacenada e alimenta todos os sistemas eléctricos da aeronave.
Realízase un estudo sobre a adaptación da enerxía eléctrica dentro da aeronave a través de dispositivos semiconductores de electrónica de potencia buscando obter todo tipo de correntes sen necesidade dos antigos, desfasados e pouco eficientes dispositivos mecánicos ou químicos en caso de falla de alternadores ou baterías. Utilízanse dispositivos electrónicos como como tiristores SCR ou transistores Mosfet, para pasar de corrente continua a corrente alterna e viceversa, e para variar niveis tanto en corrente alterna como en continua. Compróbase matemáticamente o funcionamento de diferentes deseños e realizanse simulacións dos mesmos mediante a ferramenta Simulink de Matlab observando os diferentes niveis e formas do sinal de saída buscando as topolixías máis eficientes en cada tipo de convertidor.
Co fin de poder ver físicamente e valorar dende esta perspectiva o funcionamento deste tipo de dispositivos, realízase o circuito dun Inversor Multinivel con transistores Mosfet e toda a circuitería adicional necesaria. Xestionando o tempo de funcionamento de cada un destes dispositivos cun software creado en VHDL en Xilinx Vivado para a FPGA Artix 7 de Xilinx, obtendo una corrente alterna senoidal á frecuencia utilizada en aeronaves de 400Hz.
Volver