Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dunha ferramenta destinada á modificación dinámica do comportamento dunha cela de soldadura.

Desenvolvemento dunha ferramenta destinada á modificación dinámica do comportamento dunha cela de soldadura.

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ignacio Armesto Quiroga
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: José Luis González Cespón
Vogalía: Joaquín López Fernández
ResumoEste Traballo Fin de Grao (TFG) foi elaborado nunha empresa dedicada ao desenvolvemento de aplicacións informáticas e servizos de integración de sistemas. A realización deste proxecto faise ante a necesidade de conseguir una aplicación que permita modificar a programación dun autómata, sen ter que parar o funcionamento deste.
O obxectivo principal do TFG foi conseguir que calquera operario poida cambiar a programación do autómata, sen necesidade de ter coñecementos previos do software do Controlador Lóxico Programable (PLC).
Para lograr este obxectivo, en primeiro lugar, pártese dun programa para un autómata da marca Siemens que está deseñado con linguaxe de gráficos de estados. Este programa, realizado ca versión 13 do TIA Portal, analízase con enxeñería inversa para obter os compoñentes e a interacción entre eles. Trátase dun sistema automatizado que xestiona una cela de soldadura formada por dous robots e una mesa de dous posicionamentos. A continuación, estudase a utilización da libraría Snap 7, que permite a comunicación con PLC da clase Siemens e a escritura e lectura de variables co autómata en funcionamento. Finalmente, deséñase unha ferramenta ca linguaxe de programación Visual Basic. Con esta ferramenta calquera usuario poderá modificar variables e por tanto modificar o fluxo do programa.
En conclusión, a interface que se obterá con este proxecto é fácil e intuitiva para que poida ser empregada pola maioría de usuarios. Ademais, esta ferramenta poderase empregar para futuros proxectos simplemente con pequenas modificacións no código.
Volver