Secretaría Uvigo - Implementación de re-deseño e control nun sistema de extrusión de plásticos para a xeración de bobinado de uso en impresoras 3D

Implementación de re-deseño e control nun sistema de extrusión de plásticos para a xeración de bobinado de uso en impresoras 3D

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: José Luis González Cespón
Vogalía: Joaquín López Fernández
ResumoEste sistema pertence ao proxecto ?CircularSeas? que ten como obxectivo a transformación e reciclado de materiais polímeros procedentes do ámbito portuario e/ou naval en filamento para a alimentación de impresoras 3D. O proxecto parte dun prototipo básico de extrusora existente no laboratorio (Laboratorio de Manutención e Loxística Industrial Ricardo Marín) que se alimenta con polímeros previamente triturados para convertelo en filamento. Preténdese o seu re-deseño, tanto da parte mecánica como a electrónica e automatización. Con iso procúrase mellorar parámetros como robustez, funcionalidade, adaptabilidade á materia prima e á contorna de aplicación, etc. Finalmente debe ser posible xerar de xeito automático un filamento máis homoxéneo o cal poderá ser bobinado ou utilizado directamente por unha impresora 3D. O sistema a deseñar está composto por unha banda mecánica encargada da compresión e conformado de material e unha parte electrónica encargada da xestión de temperaturas, control dos motores eléctricos e control do diámetro do filamento. Ademais, este sistema inclúe un HMI (Interface Humano-Máquina) co que poder modificar parámetros como o tipo de polímero a introducir, a temperatura de operación de diversos puntos, a execución do ciclo automático, etc.
Volver