Secretaría Uvigo - Instalación eléctrica de baixa tensión en nave industrial dedicada á carpintaría metálica

Instalación eléctrica de baixa tensión en nave industrial dedicada á carpintaría metálica

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Eugenio Ignacio Fuentes Fernández
Tribunal Vogalía: Xosé Manuel López Fernández
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Secretaría: Manuel Pérez Donsión
ResumoNo presente proxecto, realizado por Brais Aldrey de la Fuente, estudante de Enxeñaría Mecánica, realizouse o estudo da instalación eléctrica de baixa tensión, aplicándose todolos coñecementos adquiridos na súa formación e as normativas de obrigado cumprimento correspondentes, dunha nave industrial de superficie, en pranta, de 1100 m2 e que será destinada á carpintaría metálica. A nave insdustrial atópase no Parque Empresarial de Sigüeiro, Oroso (A Coruña).
O obxectivo do mesmo, ademáis de obter o título de graduado en Enxeñaría Industrial Mecánica, é o de profundizar nos coñecementos adquiridos durante a fomarmación no campo das instalacións eléctricas.
Para iso, comézase definindo as características da nave e da actividade que se desenrolará na mesma, para logo realizar un estudo de iluminación e definir a potencia total que será necesaria suministrarse. Unha vez detallados todos estes parámetros realizase o deseño da instalación eléctrica de baixa tensión do interior da nave. Por último, realízase un presuposto e inclúese un prego de condicións. Todos estes pasos realízanse tendo en conta as normativas correspondentes e tratando de obter un deseño o máis eficiente e óptimo posible.
Volver