Secretaría Uvigo - Deseño e implantación de un parque eólico na comarca de Viana do Bolo.

Deseño e implantación de un parque eólico na comarca de Viana do Bolo.

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Vogalía: Xosé Manuel López Fernández
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Secretaría: Manuel Pérez Donsión
ResumoNa actualidade as enerxías renovables están en auxe, como medida para frear o cambio climático que se está producindo, xa que estas enerxías son limpas. España pretende obter un 74% da enerxía producida de enerxías renovables para o ano 2030.Unha das protagonistas é a enerxía eólica, que actualmente no mix enerxético representa un 19,8%, que ten un foco xeográfico importante en Galicia con datos de vento moi bos e que aínda teñen moito terreo por explotar.
Neste proxecto tratase da posibilidade de facer un parque eólico no monte do Testeiro, situado nos concellos de Viana do Bolo e A Gudiña pertencentes a comunidade autónoma de Galicia.
Nel estudase o recurso do vento do emprazamento, para a elección tanto dos xeradores como da ubicación destes, tratase dun parque que consta de 7 aeroxeradores cunha potencia de 14MW.
Diseñase a conexión entre os aeroxeradores , cunha distribución de dúas liñas (unha que consta de 3 e outra de 4 aeroxeradores), para diminuír as pérdidas por quentamento e diseño dunha subestación propia do parque que elevará a tensión aos 220 kV para o seu transporte.
Volver