Secretaría Uvigo - Dispositivo de interacción sen contacto, deseño e validación dunha versión de produción en masa

Dispositivo de interacción sen contacto, deseño e validación dunha versión de produción en masa

Data de defensa24/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
CentroEscola de Enxeñaría de Telecomunicación
Dirección Titoría: Francisco Poza González
Tribunal Presidencia: Serafín Alfonso Pérez López
Vogalía: Jesús Doval Gandoy
Secretaría: Luís Jacobo Álvarez Ruiz de Ojeda
ResumoPara mitigar o impacto que está tendo a pandemia do COVID 19, SC Robotics deseñou un dispositivo que permite a interacción entre persoas e dispositivos coma pantallas interactivas ou máquinas expendedoras sen necesidade de contacto físico. Este dispositivo está baseado en sensores Time-of-Flight para detectar xestos e luces LED para dar feedback aos usuarios.

De cara a fabricación en grandes cantidades do dispositivo é preciso levar a cabo unha serie de probas para verificar que o deseño é facilmente usable polos usuarios e que as modificacións non compromenten o prezo final de fabricación. Máis en concreto, neste proxecto faranse deseños alternativos (de hardware e firmware) para probar outras tecnoloxías de sensores así como varias alternativas ao feedback óptico que cumplan os requisitos sen comprometer a viabilidade do dispositivo.
Volver