Secretaría Uvigo - Mater dolorosa

Mater dolorosa

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Belas Artes
CentroFacultade de Belas Artes
Dirección Titoría: María del Mar Rodríguez Caldas
Tribunal Presidencia: María Natividad Bermejo Arrieta
Vogalía: Ignacio Perez-Jofre Santesmases
Secretaría: Xisela Franco Costas
ResumoO debate sobre a legalidade do aborto está constantemente na boca de todos, pero tanto os argumentos que se usan a favor como os que se usan en contra afástanse da realidade. Abortar é unha experiencia dolorosa pola que moitas mulleres deben pasar en silencio. Ao verse obligadas a manter en secreto que decidiron abortar para evitar ser xulgadas pola sociedade, descoñécese por completo cómo se vive en realidade esta experiencia que xera sentimentos e emocións opostos. A través da imaxe da Virxe María como referente materno, créase un diálogo no que se discute cómo evolucionaron as imposicións sobre o corpo da muller e cómo se vive a experiencia do aborto nunha sociedade que aínda relaciona ser muller con ser nai.

Palabras clave: aborto, maternidade, dó, experiencia, decisión, emocións.
Volver