Secretaría Uvigo - Empresas e servizos 2.0: aplicación das redes sociais na empresa. Análise e impacto das RRSS

Empresas e servizos 2.0: aplicación das redes sociais na empresa. Análise e impacto das RRSS

Data de defensa24/11/2020
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Tribunal Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
ResumoNo presente traballo tense o propósito de analizar as redes sociais no contexto empresarial, na análise entrará o estudo e a súa definición, os modos de uso, aplicación, práctica e o impacto que ten no mundo empresarial. Con todo iso, analizarase o obxectivo, a implantación das diferentes estratexias de marketing que poden levarse a cabo mediante o uso delas.

Para iso desenvolveranse diferentes apartados, primeiramente, ter en conta a definición de que é unha rede social, debido ó desenvolvemento do seu concepto e os límites cas definen, que muaran en gran medida o longo destes últimos anos. Analizaranse as diferentes formulas para alcanzar unha boa integración destas no contexto empresarial, como se aplican, que diferentes usos pódenselle dar, e mediante estes, analizarase o impacto que teñen, contextualizándoas no mercado xeral e no mundo empresarial.

Analizaranse desde diferentes puntos de vista empresarial, tanto con empresas tradicionais como de comercio en liña, e, tanto empresas de comercio minorista como empresas B2B. Ademais da análise e a investigación da tipoloxía, uso e impacto das redes, incorporaranse exemplos en diversas seccións para explicar a súa análise.

Logo, analizarase o seu uso na actualidade e en que contexto se utilizan, así como a diversidade dos seus usuarios e do seu mercado.

Tamén analizaranse con diferentes casos prácticos reais en diferentes empresas, vendo a súa implementación e o impacto que tiveron no seu comercio.

Finalmente, extraerase unha conclusión sobre como afectaron as redes sociais ó contexto empresarial, cal é o beneficio xeral que se lles está a sacar, o potencial que se pode sacar delas, ademais do efecto económico que tiveron neste contexto.
Volver