Secretaría Uvigo - O proceso de transformación dixital. Proposta do modelo das necesidades funcionais para a transformación dixital

O proceso de transformación dixital. Proposta do modelo das necesidades funcionais para a transformación dixital

Data de defensa24/11/2020
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Emilio García Rosello
Tribunal Titoría: Emilio García Rosello
ResumoA transformación dixital é un proceso que todas as empresas actuais deben acometer para poder manter posicións competitivas adecuadas ao novo contexto que as novas tecnoloxías da información e as comunicacións propiciaron paulatinamente nas últimas décadas. Para iso en primeiro lugar é importante comprender como se chegou á situación actual e como os cambios no contexto afectan á visión actual do negocio, pero máis im-portante resulta coñecer os erros que se cometeron no pasado e cales son algúns dos pe-rigos e dificultadas que poden aparecer na súa execución. Para vencer estas dificultades débense empregar metodoloxías que faciliten o proceso e axuden a xestionar adecuada-mente as tarefas e os recursos implicados. Neste sentido o autor propón unha nova metodoloxía, denominada Modelo das Necesidades Funcionais para a transformación dixital, que busca guiar a transformación dixital da empresa desde un punto de vista estratéxico e operativo adecuado á súa propia realidade.

Palabras chave: Transformación dixital; Cambio na organización; Dixitalización; Necesidades funcionais.
Volver