Secretaría Uvigo - O sector das telecomunicacións en España

O sector das telecomunicacións en España

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Consuelo Pazó Martínez
Tribunal Titoría: María Consuelo Pazó Martínez
ResumoEste traballo presenta a evolución do sector das telecomunicacións en España e as accións levadas a cabo polas axencias de competencia para garantir a competencia nun contexto de liberalización do sector.
Ademais, faise unha análise das principais características do sector das telecomunicacións, así como unha análise da súa evolución no tempo.
No ámbito da competencia, analizarase a normativa específica deste sector e as infraccións cometidas en materia de competencia. Faise unha reflexión sobre como as regulacións afectan aos diferentes mercados relevantes dentro do sector das telecomunicacións. Así como os criterios de decisión para manter ou non un mercado regularizado.
Finalmente, preséntase a situación actual e as medidas adoptadas a nivel nacional e europeo.

Palabras clave: sector das telecomunicacións, competencia, restricións, liberalización.

Volver