Secretaría Uvigo - Normas sociais e análise económico: explicando o tabú das vacas sagradas na India

Normas sociais e análise económico: explicando o tabú das vacas sagradas na India

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Eduardo Luís Giménez Fernández
Tribunal Titoría: Eduardo Luís Giménez Fernández
ResumoNeste traballo, consideramos a relación entre as normas sociais e a economía. Máis concretamente, preguntámonos se é posible estudar as normas sociais utilizando a análise económica. Debido a que os modelos microeconómicos tradicionais non teñen en conta algúns aspectos psicolóxicos polos que se rexe a conducta humana, amosamos que adaptando un suposto estándar (consideramos heteroxeneidade nas preferencias) somos capaces de explicar unha norma social: o tabú da vaca sagrada na India. Este modelo microeconómico pode explicar: por que unha familia campesina pode renunciar racionalmente a comer carne de vaca nunha situación de fame, como toman as familias campesinas a decisión de conservar con vida ou non as súas vacas, e como se crea o tabú da vaca sagrada. Concluimos que a norma social da vaca sagrada disciplina ás familias campesinas máis miopes e alcanzase un equilibrio eficiente onde a mellor opción é que as familias conserven vivas as súas vacas no presente.
Palabras clave: comportamento económico, normas sociais, vaca sagrada, modelo microeconómico, racionalidade
Volver