Secretaría Uvigo - A Pobreza e as súas medicións. Unha análise comparativa entre Galicia e España.

A Pobreza e as súas medicións. Unha análise comparativa entre Galicia e España.

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Coral Del Río Otero
Tribunal Titoría: Coral Del Río Otero
Secretaría do centro: Pedro Lorenzo Alonso
ResumoResumo:
Ao longo deste Traballo de Fin de Grao afondouse no concepto de pobreza económica,
mostrando as principais diferenzas entre dito concepto e o de desigualdade. Nun primeiro
momento, faise unha presentación teórica do tema, analizando os diferentes tipos de
pobreza que existen, tanto dende unha perspectiva unidimensional como
multidimensional, e os diferentes índices que existen para medila.

Unha vez realizada esta primeira parte, realízase un estudo empírico da pobreza, onde nos
centramos no caso galego, comparándoo co caso español, analizando os cambios sufridos
dende a Grande Recesión ata a actualidade, tanto na poboación no seu conxunto como en
grupos definidos pola súa idade e sexo. Para levar a cabo esta análise, utilizouse unha
batería de indicadores como, por exemplo, o indicador AROPE.


Palabras clave:
Pobreza, desigualdade, limiar de pobreza, unidimensional, multidimensional, escala de
equivalencia, índice, enquisa de condicións de vida.
Volver