Secretaría Uvigo - Deseño dun cadro de mando integral para o caso Bodegas Marino

Deseño dun cadro de mando integral para o caso Bodegas Marino

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Ernesto López-Valeiras Sampedro
Tribunal Titoría: Ernesto López-Valeiras Sampedro
ResumoOs sistemas de control de xestión e a elaboración de reportes axudaron a moitas grandes empresas a levar un seguimento da súa operativa diaria. A irrupción do cadro de mando integral incrementou as posibilidades de levar a cabo un seguimento exhaustivo sobre a estratexia empresarial e dotou aos xerentes de información de gran valor coa que poder tomar decisións de calidade baseadas en feitos contrastables. Este beneficio viuse acrecentado co xurdimento e avance das novas tecnoloxías da información que permiten extraer maior valor aos datos que as compañías viñeron almacenando nos últimos anos. En concreto, as ferramentas de visualización existentes hoxe en día axudan a representar a información dunha forma clara e sinxela para poder controlar mediante gráficos distintas variables, anticiparse aos cambios e adaptarse rapidamente ao entorno cunha actitude resolta para tratar de evitar ou minimizar os efectos non desexados. O traballo ten como obxectivo o deseño dun cadro de mando integral para un caso práctico por medio dunha ferramenta de intelixencia de negocio para demostrar o seu potencial.

Palabras chave: Cadro de mando integral, Intelixencia de negocio, Power BI
Volver