Secretaría Uvigo - Análise da mercadotecnia termal en Galicia e aplicación das súas ferramentas ao caso Balneario Termas de Cuntis

Análise da mercadotecnia termal en Galicia e aplicación das súas ferramentas ao caso Balneario Termas de Cuntis

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María José García Rodríguez
Tribunal Titoría: María José García Rodríguez
ResumoNos últimos anos, o sector termal converteuse nun dos principais motores da economía galega como consecuencia da súa baixa estacionalidade e da súa capacidade para crear riqueza nas zonas rurais da nosa comunidade.
Un activo importante para este sector é, sen dúbida, o Balneario Termas de Cuntis que, grazas á calidade dos servizos que presta, posicionouse como un dos líderes neste sector. Non obstante, cómpre sinalar que non é o líder en solitario do mesmo, xa que o sector termal galego caracterízase por ser altamente competitivo e é esta competitividade a que permitiu a Galicia situarse como un referente europeo no relativo ao desenvolvemento do sector termal.
É por isto polo que se decidiu realizar un traballo de fin de grao relacionado co sector termal xa que consideramos que cómpre valorar a importancia do sector dentro da nosa comunidade, unha importancia que, para moitos, é descoñecida.
Volver