Secretaría Uvigo - A RSC no sector alimentario: o despilfarro de alimentos

A RSC no sector alimentario: o despilfarro de alimentos

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
Tribunal Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
ResumoA produción, compra, consumo e desperdicio masivo de alimentos é unha das cuestión con maior relevancia en materia de dano ambiental e sustentabilidade, e un dos maiores responsables é o modelo de produción e consumo lineal.
Esta investigación trata de expoñer a situación actual e o impacto do sector alimentario español en tódolos ámbitos da sociedade, ademais de estudar os hábitos de consumo da poboación, co fin de comprender a súa importancia na problemática proposta. Todo, co obxectivo de analizar como as empresas, dende as súas accións e a súa Responsabilidade Social Corporativa en tódalas súas dimensións, poden afrontar e axudar a reverter esta situación dende un enfoque de transición de cara a un modelo circular.
Son diversas as conclusións que se extraen do estudo realizado: o enorme impacto social e ambiental que ten este sector, a inminente irreversibilidade deste problema, o papel das empresas e o consumidor no mesmo, cales son as causas principais do consumo irresponsable, ou que medidas poden ser adoptadas para reverter a situación son algúns dos temas tratados e que serán abordados en profundidade ao longo do proxecto.
Volver