Secretaría Uvigo - Desenvolvemento rexional na UE: avaliación do seguimento e impacto do programa POCTEP

Desenvolvemento rexional na UE: avaliación do seguimento e impacto do programa POCTEP

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente
Tribunal Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente
ResumoO obxectivo deste TFG é presentar unha visión xeral da política rexional da UE, utilizando como caso de estudo tanto unha avaliación da implementación como unha avaliación do impacto do programa POCTEP na rexión hispano-portuguesa. A hipótese de partida é a seguinte: os proxectos do programa POCTEP obtiveron resultados positivos na rexión na que operan. Para acadar este obxectivo preséntanse dous tipos de análise. No primeiro avalíase a evolución dos datos cuantitativos asociados ao programa, supervisando fundamentalmente o orzamento e a súa execución. Na segunda análise avalíase a evolución dalgúns indicadores de impacto esperados. Os resultados desta investigación apoian a hipótese inicial e suxiren que os indicadores de resultados difiren segundo a área temática e o indicador común analizado, chegando a ser maior, igual ou inferior ao impacto esperado. Destaca como o principal descubrimento que a área temática na que se acadaron os mellores resultados é a da protección ambiental e a eficiencia dos recursos.
Palabras clave: Política, Fondos, POCTEP, Seguimento, Implementación, Progreso, Impacto.
Volver