Secretaría Uvigo - Sector do automóbil: cadea de valor global e evolución dos provedores domésticos

Sector do automóbil: cadea de valor global e evolución dos provedores domésticos

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Jesús Fernando Lampón Caride
Tribunal Titoría: Jesús Fernando Lampón Caride
ResumoEste proxecto de fin de grao estuda a forma na que evolucionan os provedores nacionais de fabricación de compoñentes de automóbiles grazas á integración de multinacionais estranxeiras na cadea de valor rexional, en particular, esta evolución analízase nun país emerxente como México .
A través dunha entrevista semiestruturada co director xeral dunha multinacional española establecida en México analízase a relación cos seus provedores nacionais. Esta colaboración foi positiva para ambas as partes, xa que se beneficiaron e creceron xuntas. Os provedores fabrican novos produtos, melloraron os seus procesos e ampliaron o número de clientes. Por outra banda, a multinacional ten o poder de fixar prezos e prazos de entrega. Como implicacións, dedúcese que para que esta evolución sexa efectiva debe haber unha relación de confianza e comunicación fluída entre ambas as partes e unha transferencia de coñecemento da multinacional ao provedor.

Palabras clave: Cadea Global De Valor, Multinacional estranxeira, Provedor Nacional, Subcontratación, Internacionalización, Sector automobilístico

Volver