Secretaría Uvigo - Extracción electroquímica de cloruros mediante o emprego de electrodos alternativos baseados en cementos conductores

Extracción electroquímica de cloruros mediante o emprego de electrodos alternativos baseados en cementos conductores

Data de defensa19/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Ramón Nóvoa Rodríguez
Titoría: Belén Díaz Fernández
Tribunal Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Vogalía: María de los Ángeles Domínguez Santiago
Secretaría: Claudio Cameselle Fernández
ResumoA protección fronte á corrosión de estruturas de formigón armado foi un aspecto moi estudado durante as últimas décadas xa que proporciona unha maior durabilidade nelas, o que se traduce en aforro en investimentos millonarios de rehabilitación e mantemento. Os ións cloruro atópanse entre as especies máis nocivas neste tipo de estruturas. Estes ións penetran a través da rede porosa do formigón podendo alcanzar a armadura metálica. Nesta situación prodúcese un ataque localizado que pode poñer en risco a integridade do reforzo. Neste traballo usamos a técnica de reparación baseada na extracción electroquímica de cloruros, na que se forza aos ións cloruros a afastarse da armadura metálica (que actúa como cátodo) mediante a aplicación dunha corrente eléctrica a través dun ánodo colocado na parte exterior da estrutura. A novidade deste traballo céntrase na validación do material usado no ánodo que se fabricou a base de cemento con fibra de carbono. A vantaxe deste tipo de ánodos fronte a outros convencionais radica na adaptabilidade deste material á superficie do elemento que se desexa reparar. Fabricáronse ánodos con diferentes cantidades de fibra, substituíndo entre o 5% e o 20% do peso do cemento. A eficiencia dos ánodos valorouse mediante a determinación da cantidade de cloruros remanentes nas mostras tras o proceso de extracción.
Volver