Secretaría Uvigo - Análise dos requirimentos técnicos para un proxecto de aplicación da realidade aumentada no ambito industrial. Avaliación de alternativas e aspectos críticos.

Análise dos requirimentos técnicos para un proxecto de aplicación da realidade aumentada no ambito industrial. Avaliación de alternativas e aspectos críticos.

Data de defensa18/11/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Juan Enrique Pardo Froján
Titoría: Ana María Mejías Sacaluga
Tribunal Secretaría: Antonio García Lorenzo
Presidencia: Begoña Urgal González
Vogalía: José Luis González Cespón
ResumoEste proxecto está enfocado ao estudo en profundidade, tanto no seu concepto como na súa aplicación, dunha das principais tecnoloxías emerxentes dentro da industria 4.0, a realidade aumentada.

A realidade aumentada é unha estratexia tecnoloxíca que esta conseguindo un protagonismo cada vez máis importante en diversas áreas do coñecemento, mostrando a versatilidade e posibilidades que presenta esta tecnoloxía derivada da realidade virtual. Precisamente, neste avance foi necesario integrar varias tecnoloxías diferentes, para o que, á súa vez, foi nececesario o desenvolvemento de diferentes dispositivos especializados.

Neste traballo faise unha revisión das diferentes tecnoloxías necesarias para a implantación dun proxecto de RA. Dentro desta revisión analízanse e compáranse os diferentes dispositivos existentes e a súa funcionalidade nos distintos ámbitos das actividades industriais. Así mesmo, analízase os diferentes casos de aplicación actuais en distintos sectores, destacando as aplicacións mais utilizadas e de maior rendibilidade.

A través do estudo comparativo preténdese elaborar un mapa coas valoración daqueles aspectos máis relevantes, centrandose nas vantaxes e inconvenientes da tecnoloxía desde o punto de vista de custos, utilidade, beneficio e resultado. Finalmente inclúese unha guía de recomendacións a modo de folla de roteiro
para o deseño, desenvolvemento e implementación de proxectos de realidade aumentada enfocado a empresas industriais e teñendo en conta aqueles factores que son máis criticos e que puden afectar o éxito da implantación dun proxecto de RA
Volver