Secretaría Uvigo - Efectos do adestramento de forza en persoas con Esclerose Múltiple

Efectos do adestramento de forza en persoas con Esclerose Múltiple

Data de defensa29/10/2020
TitulaciónGrao en Fisioterapia
CentroFacultade de Fisioterapia
Dirección Titoría: Iria Da Cuña Carrera
Tribunal Presidencia: Gustavo Rodríguez Fuentes
ResumoIntrodución: a esclerose múltiple (EM) é unha patoloxía desmielinizante, crónica, autoinmune e inflamatrio, cunha evolución non pautada, cuxa afectación envolve ós axóns do sistema nervioso central: Hai catro tipos: EM recurrente remitente, a EM secundariamente progresiva, a EM primariamente progresiva, a EM progresiva recurrente. Identifícase como a enfermidade neurolóxica máis común en adultos xoves. Ó tratarse dunha patoloxía sen cura, o tratamento céntrase en reducir a frecuencia, a gravidade e a duración das recaídas, mellorar os síntomas e restablecer a funcionalidade.
Obxectivo: o obxectivo desta intervención é identificar, analizar e comparar os efectos que produce o adestramento de forza, o adestramento de forza combinado con outros métodos en persoas con EM.
Materiais e métodos: realizouse unha búsqueda durante o mes de febreiro de 2020 nas bases de datos Cinahl e Medline, empregando os descritores "multiple sclerosis" y "resistance training". Ó realizar a búsqueda, apareceron un total de 89 resultados, despois da aplicación dos criterios de inclusión e exclusión obtivéronse 17 artigos.
Resultados: Os artigos analizados realizan diferentes adestramentos de forza, xa sexan simples o combinados, e os compara con: diferentes tipos de adestramento, cun grupo control, con persoas sanas e consigo mesmos preintervención. A partir destas intervencións determínanse os diferentes efectos físicos, funcionais e fisiolóxicos.
Conclusión: a meirande parte dos estudios analizados soen combinar o adestrametno de forza con outros métodos, desta forma obteñen melloras físico-funcionais e fisolóxicas. Postúlase que a combinación de varios métodos é máis favorable para a mellora de todos os factores e a súa persistenza no tempo.
Palabras clave: "Esclerose múltiple", "adestramento de forza", "exercicio físico".
Volver