Secretaría Uvigo - A educación sexual na diversidade funcional. Adolescentes con TEA

A educación sexual na diversidade funcional. Adolescentes con TEA

Data de defensa16/10/2020
TitulaciónGrao en Educación Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Encarnación Sueiro Domínguez
Tribunal Titoría: Encarnación Sueiro Domínguez
ResumoEste traballo xorde da necesidade de dar a coñecer as dificultades que sofren a diario as persoas con diversidade funcional no seu contexto, en relación coa súa sexualidade.
Na actualidade, a sexualidade aínda se considera unha realidade tabú na nosa sociedade, unha condición que aumenta se falamos da sexualidade das persoas con diversidade funcional (concretamente das persoas con TEA), polo que é necesario visibilizala.
Polo tanto, a través dunha investigación documental e acompañada dunha proposta de intervención, exporase a necesediade de ofrecer unha educación sexual adecuada para adolescentes con TEA, co fin de lograr o seu desenvolvemento psicosexual completo e a igualdade social completa.
Palabras chave: sexualidade, educación secual, adolescencia, TEA.
Volver