Secretaría Uvigo - Inventario crítico dos hidroideos da familia de Aglaopheniidae do noroeste de África e augas próximas

Inventario crítico dos hidroideos da familia de Aglaopheniidae do noroeste de África e augas próximas

Data de defensa09/10/2020
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Francisco José Ramil Blanco
Tribunal Vogalía: Jesús López Pérez
Presidencia: Ana María Graña Rodríguez
Secretaría: Marco Jabalera Cabrerizo
ResumoEste traballo é un inventario basado nunha recopilación das especies de hidrozoos pertencentes a familia Aglaopheniidae Marktanner-Turneretscher, 1890 (Cnidaria, Hydrozoa, Hydroidolina) citados no noroeste africano ata o día de hoxe. Ademais, incluimos comentarios sobre a validez de algunhas das identificacións, as posibles sinonimias ou os nomes científicos inválidos que foron utilizados polos autores que adicaron a súa investigación ó estudo dos hidroideos do noroeste de África ó longo dos dous últimos séculos. Así mesmo, establecemos a distribución xeográfica das especies na área de estudo e a nivel mundial, e analizamos os principais compoñentes bioxeográficos representados. Obtivemos un total de 28 especies pertencentes a 7 xéneros, sendo Aglaophenia e Streptocaulus os máis representativos. En Marrocos e en Cabo Verde obtivemos a maior riqueza específica, mentras que nos bancos Ampère e Seine e en Gambia, a menor. As especies deste inventario, de acordo coa súa distribución xeográfica, mostran unha clara afinidade coa fauna atlántico-mediterránea e ca do Atlántico occidental.

Palabras clave: Inventario, Hidrozoos, Aglaopheniidae, Noroeste de África, Océano Atlántico.
Volver