Secretaría Uvigo - Comportamento das orcas (Orcinus orca) en catividade

Comportamento das orcas (Orcinus orca) en catividade

Data de defensa09/10/2020
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: María Elsa Vázquez Otero
Tribunal Presidencia: Ana María Graña Rodríguez
Vogalía: Jesús López Pérez
Secretaría: Marco Jabalera Cabrerizo
ResumoA orca (Orcinus orca) é o cetáceo odontoceto máis grande pertenecente á familia Delphinidae. Cunha distribución global, son considerados animais curiosos e moi sociables, capaces de formar estructuras sociais complexas con varios niveis de organización e un amplio repertorio de patróns de comportamento. En cautividade, estas estructuras sociais continúan presentes. Co fin de estudar as pautas de conducta e afinidade que se producen con frecuencia entre os individuos en cautividades, neste estudo analízanse o comportamento do grupo de sete exemplares pertencentes ao zoolóxico Loro Parque (Tenerife, España), mediante o uso de videograbacións en tempo real. Este grupo de orcas mostra conductas moi diversas, destacando pautas conductuales nunca antes descritas. En conclusión, os distintos tipos de comportamentos levan a cabo un desenvolvemento e fortalecemento das relacións sociais e familiares, así como, algunhas conductas adquiridas que só se manifestan en cautividade.

Palabras clave: Orca, comportamento, pauta conductual, afinidade, estrutura social e cautividade.
Volver