Secretaría Uvigo - Mostraxe, identificación e cuantificación de microplásticos en sedimentos do Atlántico Nordeste

Mostraxe, identificación e cuantificación de microplásticos en sedimentos do Atlántico Nordeste

Data de defensa09/10/2020
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Ana María Bernabéu Tello
Cotitoría: Jesús Manuel Gago Piñeiro
Tribunal Presidencia: Manuel Besada Morais
Secretaría: José Manuel García Estévez
Vogalía: Sandra Martínez García
ResumoOs microplásticos convertéronse nun contaminante emerxente de orixe antrópico cuxos efectos sobre o medio ambiente e a saúde humana aínda son descoñecidos. A continuación realízase unha revisión sobre proxectos centrados na análise destas micropartículas en sedimentos do Atlántico Nordeste, xa que ata a data poucos estudos relacionaron a acumulación de micropartículas coa dinámica sedimentaria. Tras a revisión conclúese que é necesaria a harmonización dos métodos empregados no estudo de microplásticos, co fin de garantir resultados comparables a nivel internacional e así poder entender a súa distribución, acumulación e destino final nesta matriz.
Volver