Secretaría Uvigo - Radares de alta frecuencia na costa atlántica ibérica.

Radares de alta frecuencia na costa atlántica ibérica.

Data de defensa09/10/2020
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Ramiro Alberto Varela Benvenuto
Tribunal Presidencia: Manuel Besada Morais
Secretaría: José Manuel García Estévez
Vogalía: Sandra Martínez García
ResumoNa Península Ibérica, concretamente en España, numerosas actividades que potencian a economía do país gardan relación coas nosas costas. Os radares de alta frecuencia son uns instrumentos modernos que se utilizan cada vez máis para axudar no control e xestión costeiro. Esta técnica é usada en todo o mundo e as grandes potencias mundiais xa a instalaron nas súas costas. En España, xa se contan con numerosos sistemas de radares de alta de frecuencia instalados nas nosas costas.
Concretamente en Galicia contamos cun sistema propio de bo nivel, cun total de 4 radares instalados, cun alcance de 200 km cada radar, que nos permite controlar gran parte da costa galega.
A ría de Vigo conta tamén cun sistema instalado de dous radares, cubrindo a parte máis occidental do interior da ría.
Estudaremos unha posible mellora para ambos os sistemas. Para o sistema galego realizaremos unha procura de posibles novas localizacións para a instalación de novos radares que mellorarán a resolución do sistema.
Na ría de Vigo propoñeremos dúas novas localizacións para substituír en caso de ser necesario algún dos radares instalados ou para a súa instalación nun futuro que melloraría o control da zona interna da ría.
Volver