Secretaría Uvigo - Aproximación conceptual ás intervencións en enfermidades neurodexenerativas dende o Traballo Social

Aproximación conceptual ás intervencións en enfermidades neurodexenerativas dende o Traballo Social

Data de defensa20/07/2021
TitulaciónGrao en Traballo Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Antonio González Fernández
Tribunal Titoría: Antonio González Fernández
ResumoResumo:
As enfermidades neurodexenerativas, e a discapacidade en xeral, constitúen un dos ámbitos de estudo e labor máis importantes do Traballo Social. Dende anos atrás, faise notable a reivindicación, difusión e sensibilización na loita polo recoñecmento e cumprimento real dos dereitos como persoas en situación de discapacidade, cuxa finalidade é lograr a verdadeira inclusión e igualdade de condicións en todos os ámbitos da sociedade para dito colectivo.
En este estudo, analízanse distintos aspectos que concernen á discapacidade e, concretamente, ás enfermidades neurodexenerativas. En primeiro lugar, tratarase a evolución da discapacidade, centrándose en España, realizándose unha conceptualización da mesma. A continuación, e tras efectuar unha aproximación teórica ás principais enfermidades neurodexenerativas, continuarase co análise detallado das leis de discapacidade e dependencia en España, polas que se rixe a lexislación que incumbre ás enfermidades neurodexenerativas. Lévase a cabo unha análise da discapacidade dende Traballo Social, onde se desenrola unha aproximación entre ambos e se pon en relación a nivel xeral, concretándose a posteriori, as intervencións a realizar en cada unha das diferentes enfermidades neurodexenerativas dende Traballo Social. Finalmente, péchase o estudo con conclusións.

Palabras chave: discapacidade, dependencia, enfermidade neurodexenerativa, Traballo Social.
Volver