Secretaría Uvigo - Modelos de preparación física no baloncesto de competición

Modelos de preparación física no baloncesto de competición

Data de defensa16/06/2020
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Vogalía: Ana Isabel Rey Cao
Presidencia: José Carlos Diz Gómez
Secretaría: Rodolfo Ivan Martínez Lemos
ResumoO obxetivo principal deste traballo foi analizar e coñecer os modelos de entrenamento físico que aplican as preparadoras e os preparadores físicos (PF) en equipos de baloncesto de alta competición. En concreto, preténdese determinar aqueles aspectos metodolóxicos básicos que configuran os modelos de entrenamento físico aplicados por PF especializados en baloncesto na mellora do rendemento e a prevención de lesións.

37 preparadoras e preparadores físicos (idade, 36 ± 12 anos) (89,2 % homes e 10,8 % mulleres) agrupados en tres niveis de experiencia profesional en ligas e competicións nacionais e internacionais participaron neste estudo. Todos os PF completaron un cuestionario anónimo online a través de Google Foms respondendo a 55 preguntas relacionadas co entrenamento físico, o rendemento e a prevención de lesións no baloncesto de alta competición.

Os resultados deste estudo mostraron que os PF consideran indispensable a preparación física no baloncesto para a mellora do rendemento dos xogadores, as xogadoras e do equipo (X=4,59 SD=0,59), ademáis de constituir un factor determinante para a prevención de lesións do aparato locomotor (X=4,68 SD=0,47). Así mesmo, os PF consideran a forza como a capacidade máis determinante tanto para o rendemento (X=4,57 SD=0,55) como para a prevención de lesións (X=4,70 SD=0,51).

As conclusións principais determinan que (A) o entrenamento físico é un compoñente fundamental do entrenamento no baloncesto, tanto para a mellora do rendemento deportivo como para a prevención de lesións, onde (B) a forza e a velocidade son as capacidades físicas máis determinantes, e (C) os métodos de entrenamento físico empleados son variados e con diferentes aplicación ao largo do ciclo anual, sendo (D) a frecuencia de entrenamento variable según a capacidade física a desenvolver e a fase do proceso de entrenamento na que se encontra o xogador ou a xogadora.

Os resultados e conclusión poden aplicarse como guía orientativa sobre os aspectos metodolóxicos básicos no baloncesto para aqueles profesionais con pouca experiencia na preparación física, preferentemente coas titulación de Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas ou de Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Palabras chave: preparación física, modelos de entrenamento, baloncesto, rendemento deportivo, prevención de lesións.
Volver