Secretaría Uvigo - Modelo de planificación do adestramento nun equipo masculino de baloncesto de alto nivel

Modelo de planificación do adestramento nun equipo masculino de baloncesto de alto nivel

AutoríaManuel López Ramírez
Data de defensa20/07/2018
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Vogalía: José Carlos Diz Gómez
Secretaría: Rodolfo Ivan Martínez Lemos
Presidencia: Francisca Fariña Rivera
ResumoNo contexto das ciencias do deporte existe un consenso xeneralizado en considerar a planificación do adestramento para os deportes de equipo moi diferente en relación ao tipo de planificación que se implementa habitualmente para as disciplinas deportivas cíclicas e individuais. O principal obxectivo deste traballo foi describir e analizar o modelo de planificación de adestramento desarrollado para un equipo de baloncesto español composto por xogadores (n=12) de diversas nacionalidades (n=6) e que competiu na liga ACB (n=34), na liga Eurocup Euroleage (n=18) e na Copa do Rey (n=2) durante a tempada 2017-2018. En particular analizouse o plan estratéxico do equipo, o seu modelo de periodización, os métodos de entrenamiento utilizados, os sistemas de control da carga, os sistemas para o control da fatiga, o conxunto de procedementos para unha correcta recuperación post-partido, o seu modelo técnico-táctico e a súa metodoloxía de scouting. Neste traballo os datos foron obtidos a través da observación e o empleo de rexistros anecdóticos das sesións de adestramento (n=55) e das competicións (n=16) realizadas entre o 22 de xaneiro de 2018 e 9 de abril de 2018. Así mesmo durante este periodo tamén se realizaron entrevistas persoais de carácter formal e informal cos técnicos reponsables da planificación e dirección deportiva do equipo coa fin de completar e aclarar a información froito da observación. Obxectivos adaptados as posibilidades da plantilla, unha periodización convencional para deportes de equipo e en función dun calendario con dous partidos por semana e largos desprazamentos durante gran parte do peridodo competitivo, unha variedade de contidos de entrenamiento con predominio de tareas técnico-tácticas durante o periodo de competicións, un sistema para o control da carga e da fatiga basado na percepción e nas sensacións dos xogadores post-sesión e/ou post-partido, un estilo de xogo que se fundamenta na defensa e prioriza o contraataque-transición frente a un xogo de 5x5 e cun desarrollo dun plan táctico semanal en función das fortalezas é debilidades do equipo adversario son as características principais da planificación para o adestramento desarrollada por este equipo durante esta tempada. Como conclusións máis destacadas sinalar que a planificación foi elaborada e implementada polos técnicos responsables (entrenadores e preparador físico) e que o equipo conseguiu acadar os obxectivos plantexados ao obter unha cuarta posición na Liga ACB e a clasificación para participar na Euroleague a próxima tempada.

Palabras clave: baloncesto, periodización, planificación do adestramento, rendemento en deportes de equipo.
Volver