Secretaría Uvigo - Percentís de indicadores estadísticos de rendimento segundo o posto para xogadores de baloncesto de liga ACB e LEB Oro

Percentís de indicadores estadísticos de rendimento segundo o posto para xogadores de baloncesto de liga ACB e LEB Oro

AutoríaDavid Vázquez Diéguez
Data de defensa20/07/2017
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Vogalía: Carlos Francisco Touriño González
Presidencia: Ana Isabel Rey Cao
Secretaría: Rodolfo Ivan Martínez Lemos
ResumoO obxectivo de este traballo consistiu na construcción de percentís (P5, P10, P25, P50 ,P75, P90, P95) de indicadores estadísticos de rendemento en baloncesto para as posicións de base, aleiro e pívot en liga ACB e na liga LEB Oro.
Para isto seleccionouse unha mostra de xogadores da Liga ACB (n=161) e da liga LEB Oro (n=176) da tempada 2015 ? 2016 e co criterio de disputar cada un de eles polo menos unha media de 15 minutos por partido en calquera de estas ligas e para poder ser incluidos na mesma. Confeccionáronse os percentís de rendemento coa función PERCENTIL de Excel Microsoft para cada un dos tres grupos, en cada liga e conforme ás posición de xogo máis habituais (base, aleiro e pívot).
Os resultados de este traballo presentan tablas de percentís para cada grupo e que permiten valorar o rendemento mostrado polos xogadores de baloncesto na Liga ACB e Liga LEB Oro segundo a súa posición de xogo. Neste sentido, destaca o rendemento dos bases en asistencias, os pívots en rebote, tapóns e eficacia en tiro de 2 puntos e os aleiros en anotación e eficacia en tiro de 1 e 3 puntos. Asimesmo non se observan diferencias importantes entre os percentís para cada posición o comparar as dúas ligas.
Estas tablas con percentís para indicadores estadísticos de xogo permiten valorar de forma máis obxectiva o rendemento mostrado polos xogadores nas competicións. E útil para determinar o estado de forma dos xogadores durante a competición e para a confección de plantillas dunha forma equilibrada e conforme ao rendemento real mostrado polos xogadores.
Volver