Estudo do potencial da inxección de hidróxeno renovable en red de gas natural de cliente industrial
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial |
Centro | Facultade de Química |
Dirección |
Titoría: Pablo Breogán Sánchez Vázquez Cotitoría: Pablo Álvarez Pena |
Tribunal |
Presidencia: María Soledad García Fontán Vogalía: Luis Muñoz López Secretaría: Inmaculada de la Calle González |
Resumo | O hidróxeno renovable xorde como unha solución sostible clave para a descarbonización do sistema. Estase avaliando e estudando a posibilidade de inxectar unha fracción de hidróxeno na rede de gas natural, ata que se poida substituír por completo, para conseguir reducir as emisións de CO2 que contribúen ao cambio climático. Para abordar isto, cómpre coñecer os compoñentes da rede do cliente, en relación co seu funcionamento e seguridade en contacto coa mestura de hidróxeno. Realizouse un estudo, avaliando o deseño e os materiais da rede de gas, ademais de ter en conta os resultados doutras investigacións e proxectos, para determinar o grao de tolerancia de hidróxeno que soportaría a rede. Atópanse graos de tolerancia diferentes dependendo da magnitude do proxecto. Especificamente, a inxección dun 10% de hidróxeno en volume na rede é tecnicamente viable sen necesitar adaptacións, e poderíase tolerar ata un 20% con pequenas modificacións na rede; unha porcentaxe superior suporía un maior desafío e maior investigación para abordar a adaptación da rede sen chegar a provocar o fallo do material. En xeral, estes resultados amplían a nosa compresión sobre o tema, pero necesítase máis investigación para conseguir aumentar a porcentaxe de hidróxeno inxectado. |