Mostraxe acústica da avifauna en hábitats forestais nativos e exóticos da illa de Madeira.
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, conservación e xestión |
Centro | Facultade de Bioloxía |
Dirección |
Titoría: María Calviño Cancela |
Tribunal |
Presidencia: Gonzalo Benito Méndez Martínez Secretaría: José María Sánchez Fernández Vogalía: Jose Carlos Noguera Amoros |
Resumo | As illas oceánicas son sistemas illados dos contienentes considerados hotspots de biodiversidade, cun elevado número de endemismos e un menor número de especies con respecto ao continente. Madeira é a segunda illa da rexión macaronésica cunha maior diversidade e endemismos, sendo a avifauna o grupo de vertebrados máis diverso. Dita diversidade pode verse afectada polo aumento da extensión das plantacións de Eucalyptus globulus Labill., debido a que este hábitat pode non ser idóneo para a avifauna, en comparación con hábitats nativos madeirenses máis importantes, o bosque de laurisilva e os brezos macaronésicos. Neste estudo, mediante a utilización dun método de mostraxe acústico pasivo, preténdese comprobar a idoneidade de ditas plantacións para cobixar á avifauna presente nos hábitats máis característicos, comprobando se son capaces de albergar comunidades semellantes tanto en diversidade como en abundancia, ou se pola contra, presentan comunidades máis pobres, contribuindo a fragmentar os hábitats naturais ao dificultar a proliferación de certas especies de aves. Recopiláronse grabacións en 5 localidades diferentes do bosque de laurisilva, do brezo macaronésico e do eucaliptal. Analizáronse un total de 360 grabacións nas que se detectaron 13 especies de aves. Os hábitats nativos presentaron unha maior abundancia de vocalizacións en comparación co eucaliptal, sendo maior na laurisilva. A riqueza total (número acumulado de especies) foi maior no eucaliptal, que presentou algunhas especies xeneralistas ausentes nos hábitats nativos. Porén, presentou os menores valores de riqueza media (por mostraxe), e a menor diversidade medida co índice de Shannon, así como a menor equidade nas súas comunidades, indicando a dominancia dunhas poucas especies comúns sobre outras pouco abundantes. Por outra banda, os hábitats máis similares en canto a composición de especies foron a laurisilva e o eucaliptal, no que apareceron todas as especies detectadas na lausilva, ainda que con menor abundancia. En conclusión, a pesar de que os eucaliptais poden albergar as mesmas especies que os hábitats nativos estudados, presentan comunidades máis pobres, con menor abundancia e diversidade de aves, indicando polo tanto a súa menor idoneidade para á avifauna madeirense frente aos hábitats nativos. |