Secretaría Uvigo - ?Desenvolvemento dun planificador para mellorar a precisión e eficiencia no procedemento de implantación de válvulas aórticas transcatéter (TAVI), mediante técnicas de aprendizaxe profunda?

?Desenvolvemento dun planificador para mellorar a precisión e eficiencia no procedemento de implantación de válvulas aórticas transcatéter (TAVI), mediante técnicas de aprendizaxe profunda?

AutoríaMario Manuel Rivera López
Data de defensa13/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Industria 4.0
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Gustavo Carlos Peláez Lourido
Cotitoría: César Gabriel Veiga García
Tribunal Secretaría: Alberto Comesaña Campos
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: Víctor González Castro
ResumoEste traballo aborda o desenvolvemento dun planificador para obter a mellor ruta para o procedemento TAVI (Implante de válvula aórtica transcatéter). Este proceso comeza coa segmentación da aorta, a extracción da liña central e o cálculo da tortuosidade, que representan os primeiros pasos para acadar o obxectivo. Unha vez obtidas estas variables, incorpórase a análise da localización do calcio na aorta e mediante o uso de técnicas de aprendizaxe profunda poderase calcular e predicir a(s) mellor(s) vía(s) posible(s) para realizar o procedemento TAVI. Con este enfoque, conséguese unha mellora significativa nos tempos de execución e preténdese reducir a cantidade de danos colaterais producidos durante o proceso, como o desprendemento de calcio. A implantación deste planificador pretende mellorar a eficiencia e precisión na planificación do procedemento TAVI, o que se traduce nunha maior seguridade e mellores resultados clínicos para o paciente.
Volver