Deseño e desenrolo do módulo mecánico dun barco-drone para simulación de práticas de manobra
Autoría | Lois Anxo González Rodríguez |
Data de defensa | 17/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Industria 4.0 |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Gustavo Carlos Peláez Lourido Cotitoría: Antonio Fernández Ulloa |
Tribunal |
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño Secretaría: Marcos Villar García Vogalía: Ana Isabel Fernández Abia |
Resumo | Este traballo desenvolve o deseño do casco dun prototipo de navío non tripulado motorizado, co obxectivo futuro de poder fabricar unha embarcación con casco tipo cargueiro, a escala, para simular manobras básicas de navegación e atraque. Preténdese que a reacción do protótipo ante os diferentes comandos do motor e do temón sexa o máis semellante posible ás que seguiría o barco real. O proxecto de deseño realízase desde cero, comezando polo estudo das condicións problemáticas e funcionais ás que debe enfrontarse o navío. Realízase un modelo de referencia CAD que se mellora pouco a pouco, resolvendo problemas técnicos e optimizando o modelo. Estúdanse e resolven varias cuestións como o dimensionamento e escolla do casco definido para os barcos mercantes, a estanqueidade, a integridade estrutural, a ensamblaxe e o fabrico posterior. Os resultados son analisados e optimizados en base a modelos matemáticos e empíricos. Ainda que non é o obxectivo inmediato deste traballo, o modelo final do casco está pensado para o seu fabrico aditivo (impresión 3D) de forma eficiente e prática. Será de aplicación directa para posteriores traballos comprobar en campo que o navío con toda a instrumentación, sensores e equipamentos de propulsión e control escollidos realiza con bon desempeño as manobras para as que foi deseñado. |