Deseño de prototipo de sistema localizador de paquetes de taboeiro/madeira
Data de defensa | 14/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Industria 4.0 |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Gustavo Carlos Peláez Lourido |
Tribunal |
Presidencia: Enrique Soto Campos Secretaría: Julio Garrido Campos Vogalía: Miguel Ángel Prada Medrano |
Resumo | A empresa onde se vai desenvolver o proxecto dedícase á distribución de taboeiros de madeira. Conta cun almacén onde se apilan paquetes de baixa rotación. Estes paquetes distribúense e apílanse no almacén en diferentes zonas divididas segundo o seu formato (2440x1220, 2850x2100, etc.), pero en cada zona apílanse sen unha orde preestablecida polo operador responsable. Isto provoca a perda de material, longos tempos de manipulación, atrasos de envío, erros de emisión, duplicado de pedidos, etc., en definitiva, un aumento dos custos operativos. Mediante este proxecto preténdese mellorar o control e planificación dos paquetes de taboeiro e/ou paquetes de madeira situados nas zonas de almacenamento dunha das naves coas que conta a empresa distribuidora de madeira. Seleccionarase un sistema que permita aos operadores do almacén localizar con rapidez e precisión o material que se apila no almacén ou zonas de baixa rotación, sen necesidade de desmontar torres de material para localizar un paquete específico. O sistema proposto debe cumprir unha serie de criterios definidos no proxecto (requisitos de operatividade, custo, fluxo de material, etc.). Os datos capturados almacenaranse e procesaranse nun servidor local ou na nube. O prototipo do sistema debe ser de baixo custo e permitir a súa avaliación en produción, así como a incorporación de melloras durante a proba piloto. O tempo estimado de desenvolvemento será de 4 meses. |